Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento CT Sagrón e CT As Cañotas, no concello de Cariño (expediente IN407A 2025/131-1), pola Resolución deste departamento territorial, do 29 de xaneiro de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 26 de maio de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Cariño, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 28.11.2025, no BOP do 12.11.2025 e no xornal La Voz de Galicia do 1.12.2025, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará unha notificación individual en que se sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 25 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
