En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que este departamento territorial, o 1 de abril de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación dos artigos 2 e 4 dos estatutos sociais relativos ao domicilio social e obxecto social da entidade Tribo Salvaxe, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 7 de novembro de 2025. O seu novo domicilio social é Aldea de Betán número 12, 32704 Baños de Molgas, provincia de Ourense. O novo obxecto social amplíase engadindo as seguintes actividades: [...] (CNAE 01.13): cultivo de hortalizas, raíces e tubérculos. (CNAE 01.19): outros cultivos non perennes. (CNAE 01.24): cultivo de froitos con óso e pebida. (CNAE 01.28): cultivo de especias, plantas aromáticas. (CNAE 01.29): outros cultivos perennes. (CNAE 01.30): silvicultura. (CNAE 02.30): recolección de produtos silvestres. (CNAE 10.39): outro procesado e conservación de froitas e hortalizas. (CNAE 10.83): elaboración de café, té e infusións. (CNAE 10.84): elaboración de especias, salsas e condimentos. (CNAE 11.03): elaboración de sidra e outras bebidas fermentadas a partir de froitas. (CNAE 11.05): elaboración de cervexa. (CNAE 16.27): fabricación doutros produtos de madeira, artigos de cortiza, cestaría e espartería. (CNAE 18.20): reprodución de soportes gravados. (CNAE 17.25): fabricación doutros artigos de papel e cartón. (CNAE 31.00): fabricación de mobles. (CNAE 32.13): fabricación de artigos de bixutería e similares. (CNAE 32.20): fabricación de instrumentos. (CNAE 32.40): fabricación de xogos e xoguetes. (CNAE 32.90): industrias manufactureiras ncop. (CNAE 47.64): comercio polo miúdo de xogos e xoguetes. (CNAE 47.55): comercio polo miúdo de mobles. (CNAE 47.69): comercio polo miúdo de artigos culturais e recreativos ncop. (CNAE 60.39): outras actividades de distribución de contidos. (CNAE 74.10): actividades de deseño especializado. (CNAE 90.31): xestión de instalacións para actividades artísticas. (CNAE 90.39): outras actividades de apoio á creación artística. (CNAE 96.99): outros servizos privados ncop [...]
Ourense, 1 de abril de 2026
Marta Vázquez Guzmán
Directora territorial de Ourense
