DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña), para seren notificadas por comparecencia de resolucións que modifican o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificadas por comparecencia de resolucións que modifican o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña,1 de abril de 2026

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña)

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

76338883C

4

Resolución do 9.3.2026

Ramiro Areoso Ríos

4

Resolución do 9.3.2026

32290956Z

448

Resolución do 27.2.2026

32300663S

669

Resolución do 4.3.2026

32360394S

657

Resolución do 9.3.2026

76359096Q

758

Resolución do 27.2.2026