DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 1 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio de expediente de vir a mellor fortuna á persoa solicitante de xustiza gratuíta do seu expediente PR204A 2022/3986-4.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles á persoa que se relaciona no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 1 de abril de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Trámite de audiencia

PR204A 2022/3986-4

77971517E

Inicio expediente vir a mellor fortuna