Mediante a Resolución do 23 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a unha instalación eléctrica no concello de Muíños (expediente IN407A 2026/001-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 6 de abril de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2026/001-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación da LMTA CCH805 no tramo entre os apoios núm. 8 e núm. 15.
Termo municipal: lugar das Cunchas, concello de Muíños.
|
Predios |
Propietarios |
Afección apoio |
|||
|
Núm. |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Núm. |
Superficie ocupada (m2) |
|
1 |
Canda |
Monte baixo |
Descoñecido |
8 |
2 |
|
3 |
Cabillón |
Monte baixo |
Descoñecido |
10 |
2 |
|
5 |
Lamedeiro |
Monte baixo |
Descoñecido |
12 |
2 |
|
6 |
Entre os Penedos |
Monte baixo |
Manuel Martínez López |
13 |
2 |
|
7 |
Val de Rolo |
Monte baixo |
Hdros. Julia Araújo González |
14 |
2 |
