DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se notifica o trámite de aprobación inicial do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial para a ampliación do parque empresarial de Camba en Xove.

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, mediante a Resolución do 7 de xullo de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 16 de xullo de 2025, acordou aprobar inicialmente e someter a información pública o «Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Camba, en Xove (Lugo)».

Ao non poder realizarse a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio, notifícaselles o dito trámite concedendo un prazo de 20 días hábiles para presentar as alegacións que se consideren oportunas.

As alegacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A documentación do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial sometida a información pública está dispoñible na páxina web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial?content=expediente_0009.xml

A eficacia da notificación deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE). Para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO I

Referencia catastral

Propietario/a

27025A022000720000JO

27025A022006670000JG

Jacinta Alonso Martínez

27025A022000580000JY

Jesús Baño Fernández

27025A022008760000JI

José Baño Meitin

27025A038005140000JW

27025A038005140001KE

María Esther Baño Rego

27025A022008460000JE

Antonio Barro Cociña (herdeiros)

27025A022006410000JL

María Carmen Barro Cociña

27025A022006680000JQ

Francisco Barro Martínez

27025A022008470000JS

Antonio Bermúdez Cociña

27025A022000550000JW

José Canoura Louzao (herdeiros)

27025A022006640000JA

Francisco Canoura Martínez

27025A022000040000JM

Francisco Canoura Urrutia

27025A022008540000JW

Sofía Alicia Cociña Barro

27025A022006290000JA

27025A022006300000JH

Teolindo Cociña Canoura

27025A022006430000JF

Dolores Cociña Castro

27025A022000670000JF

27025A022000670000JF

Elvira Cociña Cociña

27025A022000500000JE

Isaac Cociña Cociña

27025A022006870000JE

José Antonio Fernández Baño (herdeiros)

27025A022006880000JS

Dolores Fernández Paleo (herdeiros)

27025A022005450000JT

Emilio González Cobelo

27025A022006630000JW

Antonia Insua Basanta

27025A022006960000JA

Generoso Meitin Abad (herdeiros)

27025A022006600000JZ

José Míguez

27025A022000020000JT

27025A022006990000JG

Josefa Otero Cociña (herdeiros)

27025A022000060000JK

27025A022000730000JK

27025A022001290000JF

27025A022001290001KG

27025A022008630000JP

Manuela Paleo Insua

27025A022000030000JF

27025A022000030001KG

Adela Rego Bermúdez

27025A022000770000JI

27025A022001110000JJ

Ramón Rego Bermúdez

27025A022005460000JF

José Rego Rodríguez (herdeiros)

27025A022000970000JL

Dolores Salgueiro Cela

27025A022000360000JM

27025A022001280000JT

Amador Vázquez Martínez (herdeiros)

27025A022006280000JW

José Vilar Martínez (herdeiros)

27025A022006950000JW

Antonia Vilar Ramil