DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 21 de abril de 2026 Páx. 24111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ATI731-ATI724, CS travesía Matadero e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724, no concello do Porriño, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/520-4).

A instalación denominada LMTS ATI731-ATI724, CS travesía Matadero e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 19 de maio de 2026, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello do Porriño.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora na cal se deberán presentar no seu predio, informándoas de que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 27 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

Núm. apoio

m2 solo

ml sub.

m2 sub.

3

1279004NG3617N0001WT

Prateiro

Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

CS

13,78

109,94

231,78

4

36039A009005090000DY

Ribeira

Descoñecido/a

1

1,69