DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0472/2025-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0472/2025-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 7 de abril de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-PO-0472/2025-PPM

36124431X

Resolución

PSC-PO-0695/2025-PPM

35473783D

Resolución

PSC-PO-0805/2025-PPM

52500538W

Resolución

PSC-PO-0806/2025-PPM

36100764X

Resolución

PSC-PO-0813/2025-TRA

15908438

Resolución

PSC-PO-0822/2025-PPM

35561686Y

Resolución

PSC-PO-0825/2025-PPM

35579800L

Resolución