Núm. depósito DEOSE: 82000100.
Feitos:
O 11 de marzo de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude de inscrición no Depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais a modificación dos estatutos de Fegapesca, Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca, tras a súa aprobación na asemblea xeral extraordinaria do 12 de febreiro de 2026.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente, ditará resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, en que constará a data de depósito e o número de depósito asignado.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos da Fegapesca, Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca no Depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.
As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do Depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose2/inicio/acciones-sin-identificacion/copia-estatutos).
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución poderá ser impugnada directamente ante os órganos xurisdicionais da orde social, segundo o indicado no artigo 15 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais e de acordo co previsto no artigo 167 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
