DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.5950 e sete máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.5950 e sete máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.5950

Comunidade de Usuarios de Souto

631 m3

Manancial

Doméstico

L: Fonte Negra

P: Lamela (San Miguel)

C: Silleda

DH.A36.4687

Edelmiro Cores González

1.436 m3

Río

Rega

L: Os Muíños Novos

P: Barrantes (Santo André)

C: Ribadumia

DH.A15.18581

Domingo Antonio Abeleira Alén

4.730 m3

Manancial

Rega

L: Soandres

P: Soandres (San Pedro)

C: A Laracha

DH.A15.18347

Rafael Vicente Fraga Fariñas

1.659 m3

Río

Rega

L: Barallobre

P: Brabío (San Martiño)

C: Betanzos

DH.A15.15056

Carmen Pedreira Barreiro

547,5 m3

Pozo

Doméstico

L: Muro Vello

P: Borrifáns (San Pedro)

C: Oza Cesuras

DH.A15.17228

Manuel Rodríguez García

1.500 m3

Manancial

Doméstico e rega

L: O Romaño

P: Vista Alegre (San Xoán)

C: Santiago de Compostela

DH.A15.18203

Balbina Outeiro Varela

229 m3

Pozo

Doméstico

L: Bas

P: Goiáns (Santo Estevo)

C: Carballo

DH.A36.7846

Dolores Ribas Outeda, José Pazos Canay

1.000 m3

Manancial

Doméstico

L: Ai

P: San Lourenzo de Nogueira

C: Meis