Mediante a Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 43, do 5 de marzo), a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A base VIII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, en que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de «concurso de traslados». A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, presentar reclamación. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
A estimación ou desestimación das reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Carballo |
Pérez |
Javier |
***2924** |
4 |
|
Chapela |
Pérez |
David |
***4086** |
120 |
|
González |
Diéguez |
Sonia |
***2679** |
4, 112 |
|
González |
Guizán |
María Celsa |
***4463** |
12 |
|
Moreno |
Marín |
Mercedes Patricia |
***5949** |
12 |
|
Mouzo |
Fuentes |
Alicia |
***0153** |
4 |
|
Rivas |
Almodovar |
Sonia María |
***2486** |
4, 112 |
|
Rodríguez |
Barros |
Digna Lía |
***1539** |
10, 119 |
|
Suárez |
Gil |
Eva María |
***4201** |
4 |
|
Vidal |
Docabo |
Laura |
***2827** |
120 |
|
Cód. causa |
Causa exclusión |
|
4 |
Falta nomeamento para a escala/especialidade desde a que concursa |
|
10 |
Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada |
|
12 |
Corpo-escala ou especialidade, rel. servizo ou tipo de admón. non corresponde ás do concurso |
|
112 |
O concurso non está aberto ao seu corpo/administración |
|
119 |
A persoa solicitante non segue o procedemento establecido |
|
120 |
Condicionada: certificado de matrimonio ou acreditación de parella de feito non actualizada ou non presentada |
