DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo para a modificación da aliñación e alturas nun quinteiro na rúa San Martiño, no concello de Carballo (expediente 2026AAE3068).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 7 de abril de 2026, sobre a modificación puntual núm. 11 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo para a modificación de aliñación e alturas nun quinteiro na rúa San Martiño, no concello de Carballo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3068).

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade