Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a ocupación e o requirimento da folla de valoración para a determinación do prezo xusto pola imposición da servidume de paso relativa á instalación que se sinala no cadro anexo.
Lugo, 8 de abril de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de nova LAT 20 kV Atrio e ampliación da LAT 20 kV Muras 2.
Concello: Vilalba.
Expediente: IN407A 2023/180 ATE.
|
Nº predio |
Políg. |
Parc. |
Ref. catastral |
Lugar |
Cultivo |
Titular proposto |
|
3 |
40 |
207 |
27065A04000207 |
Vilar de Paraños |
Prado |
Hros. de Jerónimo Fernández Carreiras |
