DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 23 de abril de 2026 Páx. 24846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se acepta a renuncia dunha autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica (expediente IN407A 2022/004-1).

Expediente: IN407A 2022/004-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS cambio de sección SCY 813 entre CTS 155HJW e 15CNDO.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

– A empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e de construción e mais a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica o 28.12.2021.

– O día 22.6.2022, este departamento territorial resolveu conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica, cun prazo de execución dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

– O día 30.3.2026, a empresa promotora presenta un escrito de renuncia á autorización outorgada, ao abeiro do artigo 94 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa indicación de que está a tramitarse unha nova solución no expediente IN407A 2026/83-1.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

3. O artigo 21.1 da dita Lei 39/2015 establece que «a Administración está obrigada a ditar resolución expresa e a notificala en todos os procedementos calquera que sexa a súa forma de iniciación. Nos casos de prescrición, renuncia do dereito, caducidade do procedemento ou desistencia da solicitude, así como de desaparición sobrevida do obxecto do procedemento, a resolución consistirá na declaración da circunstancia que concorra en cada caso, con indicación dos feitos producidos e as normas aplicables».

Así mesmo, o seu artigo 94.1 establece que «toda persoa interesada poderá desistir da súa solicitude ou, cando iso non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos». Pola súa banda, o artigo 94.4 da mesma lei sinala que «a Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluso o procedemento, salvo que, tendo comparecido nel terceiras persoas interesadas, estes instasen a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia».

4. Á vista dos preceptos citados, logo de analizar o expediente e xa que non existen terceiras persoas interesadas ou afectadas, este departamento territorial entende que non existe inconveniente ningún en aceptar de plano a renuncia solicitada.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

Aceptar a solicitude de renuncia formulada pola empresa promotora, deixando sen efecto a Resolución deste departamento territorial, do 22.6.2022, de autorización administrativa previa e a de autorización administrativa de construción.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícase a resolución correspondente ao expediente que se indica, segundo o exixido no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 8 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña