En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: María Ángeles García Magariños.
Expediente: DH.A36.111617.
Volume total anual: 65,70 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,035 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 286, pol. 206, do Catastro de Barro.
Lugar: Fonte do Curro.
Parroquia: Curro.
Concello: Barro.
Descrición:
A auga cáptase nunha arqueta aros de formigón de 6,00 m de profundidade e bombéase para o uso na vivenda existente na parcela 41, pol. 212.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 5 de febreiro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
