Por Resolución do 8 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 135, do 16 de xullo), convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e da agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Posteriormente, por Resolución do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 71, do 17 de abril) o posto que figura no anexo I resultou adxudicado no concurso de traslados de postos vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 13 de maio de 2024 (DOG núm. 94, do 15 de maio).
Polo exposto e á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública, en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Primeiro. Excluír o posto recollido no anexo desta resolución da relación de postos de resultas.
Segundo. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Terceiro. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 11 de maio de 2026. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria (tramitación electrónica) https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions/
A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base III sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Postos que se retiran
|
Posto |
Cógido do posto |
Nivel |
Subgrupo |
Denominación do posto |
Consellería |
Centro directivo |
Centro de destino |
Concello |
|
2890 |
PS.C99.40.601.15350.009 |
10 |
AP |
Subalterno/a |
PS |
Servizos periféricos |
Centro sociocomunitario (Ferrol) |
Ferrol |
