Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
Domicilio social: rúa San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Denominación: Proxecto de electrificación da fase III do parque empresarial de Palas de Rei (Lugo).
Situación: concello de Palas de Rei.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV PAL805, con orixe nun empalme que se realizará no tramo entre o CT 27CT00 e o apoio B8XOPVHJ//D9 e final no CT1 proxectado fase III, cunha lonxitude de 140 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.
• CT1 proxectado fase III, cunha potencia de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas e telecontroladas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV PAL805, con orixe nunha cela de liña do CT1 proxectado fase III e final nunha cela de liña do CT2 proxectado fase III, cunha lonxitude de 15 metros, en condutor HEPRZ1-240mm.
• CT2 proxectado fase III, cunha potencia de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas e telecontroladas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV PAL805, con orixe no CT2 proxectado fase III e final nun empalme que se realizará no tramo entre o CT 27CT00 e o apoio B8XOPVHJ//D9, cunha lonxitude de 140 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.
Finalidade da instalación: ampliación de instalacións.
Orzamento: 322.714,64 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Palas de Rei.
• Separata para UFD Distribución de Electricidad, S.A.
• Separata para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
• Separata para Augas de Galicia.
• Separata para o Ministerio de Transportes.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 30 de marzo de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
