De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.322C.472.0, da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento TR353D).
As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de persoas beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e a contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/808949/concesiones
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
