DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 25161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública do cambio de uso do solo de servizo público (SP +E147) a uso deportivo (DP E134) nas Corticeiras-Bemil (expediente 2665/2025).

O Pleno do Concello de Caldas de Reis, en sesión do 18 de marzo de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso dos terreos cualificados como dotacional servizo público (SP +E147) a dotacional deportivo (DP E134), de conformidade co documento técnico denominado Modificación de cambio de uso das parcelas destinadas a equipamento público, redactado polo arquitecto Juan José Blanco Mella, resultando, como consecuencia, as seguintes superficies:

Descrición

Uso

Superficie (M2)

DP E134

Deportivo

13.558,55

SP E142

Estación Depuradora

6.623,00

SP +E147

Estación Depuradora

4.585,45

Segundo. Publicar o acordo de aprobación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, e, posteriormente, solicitar a inscrición no Rexistro da Planeamento Urbanístico de Galicia, para os efectos de publicidade e eficacia do cambio de uso.

Terceiro. Proceder á modificación do Inventario Municipal de Bens, actualizando a ficha correspondente aos inmobles afectados.

Cuarto. Comunicar este acordo á Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra, para os efectos de actualización da descrición catastral dos inmobles afectados, e ao Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, solicitando a súa inscrición.

Caldas de Reis, 1 de abril de 2026

Jacobo Pérez Gulín
ALCALDE PRESIDENTE