DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 9 de abril de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2021-0190-C, devolta polo servizo de Correos.

Intentada sen efecto a práctica da notificación no domicilio da persoa destinataria que se relaciona no anexo, da Resolución do conselleiro de Sanidade do 17 de marzo de 2026, sobre responsabilidade patrimonial, procédese á súa publicación de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que se comunica á persoa interesada para os efectos do disposto no artigo 46 da mesma lei para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) compareza no lugar indicado no referido anexo, para o coñecemento íntegro do acto.

Transcorrido o dito prazo de 10 días sen ter comparecido, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao do seu vencemento.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da devandita lei, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Igualmente poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2021-0190-C.

Reclamante: 33211105W.

Último enderezo coñecido: Rúa Ulla, nº 16-5º A, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade do 17.3.2026 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.