DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2024/171-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial do 9 de marzo de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.

A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CES705 substitución dos apoios AMLI9QPU//69-7 e AMIWOXJU//69-8, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2024/171-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no edificio administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 10 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Oza Cesuras

Núm. parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Pombal

15026A007002570000QI

Rústico agrario Labradío secaño

Josefa Erias Núñez

AMIWOXJU/69-8

2.0