Resolución do 19 de decembro de 2025 pola que se nomea persoal funcionario de carreira a Paula María Álvarez Fernández.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse as bases que rexerán os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Finalizado o proceso selectivo convocado polo Decreto 2024008143, do 13 de novembro, e observados na tramitación do expediente todos os requisitos formais debidos, esta Alcaldía, no uso das atribucións conferidas pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, resolveu na resolución arriba citada nomear persoal funcionario de carreira do Concello de Ourense a Paula María Álvarez Fernández, con NIF ***6917**, para o desempeño da seguinte praza:
– Denominación: técnico/a en Intervención.
– Escala: Administración especial.
– Subescala: técnica.
– Clase: técnico superior.
– Categoría: técnico/a en Intervención.
– Subgrupo: A1.
– Réxime: persoal funcionario.
Ourense, 6 de abril de 2026
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde
