DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-78-129-P e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-78-129-P e nove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

E-78-129-P

José Fernández Casal

23.3.2026

DH.T36.2678

Manuel Fraga Miguélez

Carmen-Celia Castro Diéguez

23.3.2026

2719-F-339

Celestino Carracedo Veira

Concepción Pena Vázquez

José Gerpe López

Francisco Arman

Francisco Antelo Barcia

Juana Pazos Rodríguez

23.3.2026

E-14-P

Serafín Ruzo Fariña

23.3.2026

E-1112-P

Salvador Lissarrague Novoa

23.3.2026

E-1444-P

Canteras y Manantiales de Silleda, S.A.

23.3.2026

E-62-9669-C

Carmen Romero González

Ignacio Lustres Piñeiro

Pascual Piñeiro Torrado

Rosa Vázquez Rodríguez

23.3.2026

4542-F-335

Manuel Jesús Lema Turnes

Josefa Míguez Alvaraz

23.3.2026

E-62-4519-C

Balbina Jallas Oreiro

23.3.2026

E-168-C

Juana Saavedra Meneses

23.3.2026