DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.8759 e doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.8759 e doce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

DH.A15.8759

María Vázquez Sánchez

12.2.2026

DH.A15.16523

Comunidade de Usuarios de Entrecruces

13.2.2026

E-76-1200-P

Ramón Alcobre Vázquez

6.4.2026

E-76-1199-P

José da Costa Bica e Manuela Taboada Sarmiento

6.4.2026

E-76-1213-P

Isaura Amigo Souto

6.4.2026

E-76-1208-P

María del Carmen Silva

6.4.2026

E-76-1207-P

Ramona Ferro Sueiro

6.4.2026

E-56-P

José Camba Rozadas

6.4.2026

DH.A36.3911

José Mª Rey López

6.4.2026

E-216-C

Manuel Fafián Pérez

6.4.2026

E-225-C

Antonio Montes Naveira

6.4.2026

E-1113-C

Jesús Beade Roel

6.4.2026

DH.A36.12063

Manuel Neira Bello

6.4.2026