DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25364

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 27 de marzo de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 7 de abril).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, pola Orde do 27 de marzo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do 7 de abril de 2026, e por delegación conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da devandita orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 22 de abril de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeneral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local

Tribunal titular:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Héctor Corgo Souto, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.

Diego García Fariña, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ordes.

Tribunal suplente:

Presidenta: María Rey Rivera, fiscala da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Juan José Lemos González, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Miguel Ángel Villasenín Grela, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Begoña del Río Martínez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.