Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Mosquete-Escobias, no concello de Boiro (expediente IN407A 2019/196-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 13 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/196-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Mosquete-Escobias.
Concello: Boiro.
|
Predio |
Lugar |
Datos catastrais |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
4 |
Espiño de Abaixo |
Polígono: 68 Parcela: 742 |
Herdeiros de Juan Manuel Sieira Vila |
4.6.2026 |
10.40 |
|
6 |
Chanciños |
Polígono: 68 Parcela: 731 |
Herdeiros de José Pérez Allo |
4.6.2026 |
11.40 |
|
7 |
Chanciños |
Polígono: 68 Parcela: 730 |
Herdeiros de José Pérez Allo |
4.6.2026 |
11.40 |
|
11 |
Espiños de Riba |
Polígono: 68 Parcela:723 |
Herdeiros de José Resua Sieira |
4.6.2026 |
11.10 |
