DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 25952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 13 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-PR212E/2026/00618 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselle á persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

Pontevedra, 13 de abril de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-PR212E/2026/00618

GA806849

PO-PR212E/2026/01457

14AF61702

PO-PR212B/2026/01713

558572976