De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 15 de abril de 2026 do proxecto de nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), no concello de Soutomaior (Pontevedra), promovido por Augas de Galicia.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
