DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 26004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela 2.4 do Plan parcial SUNP I-33-R, Iñás, expediente 2025/PLANEAM/000010 (FG 754).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela 2.4 do Plan parcial SUNP I-33-R, Iñás (documento NRE 2026001342, do 27 de xaneiro).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 7 de abril de 2026

Mª José Varela Neira
Alcaldesa accidental