DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 25991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.106774).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Maruxa Obelleiro Sánchez en representación da Comunidade de Usuarios de Sabucedo.

Expediente: DH.A36.106774.

Volume total anual: 4.176,00 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,52 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: catro mananciais M1 a M4.

M1 na parc. 61, pol. 193.

M2 na parc. 1096, pol. 194.

M3 na parc. 1082, pol. 194.

M4 na parc. 1112, pol. 194.

Todas do catastro da Estrada.

Lugar: Sabucedo.

Parroquia: Sabucedo (San Lourenzo).

Concello: A Estrada.

Descrición:

A auga dos mananciais condúcese a depósito na parcela 8058, polígono 194 do que parte rede de distribución ás vivendas da Comunidade. O rebordo recóllese en depósito para emerxencias na parcela 8057, polígono 194.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, nº 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 23 de marzo de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur