DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26108

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de novembro de 2025 (publicada no DOG núm. 231, do 28 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as

Tribunal titular:

Presidencia:

– Marcos Rodríguez Rey, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría:

– María Isabel del Río Viqueira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Vogais:

– Wenceslao González Manteiga, catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.

– María Luz Loureiro García, catedrática de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago de Compostela.

– Ana Belén Vegal Prieto, persoal funcionario do corpo superior de estatísticos/as do Estado.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Manuel Mateo Díaz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría:

– Mónica Martínez Otero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– María Isabel Neira González, catedrática de Economía Cuantitativa da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

– Raúl Jácome Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

– Juan Manuel Gómez Duaso, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.