DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26130

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 68, do 14 de abril), ao cal foi convocado o persoal laboral fixo que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 10B, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia ás novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal laboral fixo, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de quince (15) días naturais, decretado na Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 40, do 2 de marzo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados para o ingreso en corpos, escalas e categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categ.

Observacións

1

***3717**

Pérez Cancio, María José

39

MRC995007227180182

Vixilante fixo/a SPDCIF

MR

Comarca forestal: A Fonsagrada

Servizos periféricos

A Fonsagrada

V

10B

B10//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco

//B12 = 207,18 €