DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26120

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e se lles adxudica destino definitivo.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 13 de abril de 2026 (DOG núm. 68, do 14 de abril), ao que foi convocado o persoal laboral fixo que superou o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificadas polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e polas resolucións do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), que se relacionan no anexo desta resolución ordenadas de acordo coa puntuación final obtida e adxudicarlles como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de quince (15) días naturais decretado na Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 40, do 2 de marzo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados para o ingreso en corpos, escalas e categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categ.

Observacións

1

***1348**

Sánchez Vázquez, Marcos

96

MRC995017136420213

Bombeiro/a forestal condutor/a

MR

Comarca forestal:

O Condado

Servizos periféricos

Ponteareas

V

14A

B10//B11//B14//B18//Apoio campaña de verán alto risco//

B12 = 318,96 €

2

***0773**

Pérez Estévez, Montserrat

101

MRC995018236530212

Bombeiro/a forestal condutor/a

MR

Comarca forestal:

Baixo Miño

Servizos periféricos

Tomiño

V

14A

B10//B11//B14//B18//Apoio campaña de verán alto risco//

B12 = 318,96 €

3

***1998**

González Fernández,

José Antonio

86

MRC995011232680103

Bombeiro/a forestal condutor/a

MR

Comarca forestal:

O Ribeiro

Servizos periféricos

Ribadavia

V

14A

B10//B11//B14//B18//Apoio campaña de verán alto risco//

B12 = 318,96 €

4

***6460**

García Taibo, César Junior

104

MRC995002315190205

Bombeiro/a forestal condutor/a

MR

Comarca forestal: Bergantiños

Servizos periféricos

Carballo

V

14A

B10//B11//B14//B18//Apoio campaña de verán alto risco//

B12 = 318,96 €

5

***1701**

Riera Pérez, Marcos David

94

MRC995016136240211

Bombeiro/a forestal condutor/a

MR

Comarca forestal: Deza

Servizos periféricos

Lalín

V

14A

B10//B11//B14//B18// Apoio campaña de verán alto risco//

B12 = 318,96 €

6

***8201**

González Blanco, Juan Carlos

53

MRC995011132190204

Bombeiro/a forestal condutor/a

MR

Comarca forestal:

O Carballiño

Servizos periféricos

O Carballiño

V

14A

B10//B11//B14//B18//

Apoio campaña de verán alto risco//

B12 = 318,96 €