DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos, concello de Rianxo, presentada por Galiza Verde, S.L. (expediente 2025-IPPC-I-8).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada da planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos no concello de Rianxo, presentada por Galiza Verde, S.L., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente: 2025-IPPC-I-8.

Titular: Galiza Verde, S.L.

NIF: B15681950.

Domicilio social: lugar de Ribadulla, 17, 15914 Padrón (A Coruña).

Localización da instalación: polígono industrial de Té, parcela 32, Rianxo (A Coruña).

Actividade: xestión e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.

Categorías da actividade: 5.6 do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e grupo 9.b) do anexo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Descrición do proceso: os residuos recibidos clasificaranse en función das operacións a que se someterán: compactación e almacenamento, trituración e almacenamento, destilación e almacenamento, vaporización e almacenamento ou almacenamento.

Verteduras: prevese a xeración das seguintes correntes de augas residuais:

• Augas residuais fecais: augas xeradas nos servizos e nos vestiarios da instalación que serán conducidas á rede de saneamento municipal.

• Augas pluviais: son recollidas nas cubertas da nave e nas zonas limpas e son vertidas á rede de saneamento municipal.

• Augas destiladas: augas procedentes dos procesos de vaporización e posterior condensación e serán vertidas á rede de saneamento municipal.