DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/132-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA SASR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580.

Lugo, 15 de abril de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/132-2.

Denominación: LMTA SASR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Sarria.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

3

14

652

Poza Vello

Prado

María Lili López

4

14

1210

Gaez

Prado

María Lili López

14

14

579

Fonte Canto

Prado

Descoñecido

19

16

767

Horto das Fontes

Labradío

Descoñecido

24

16

876

Redondelo

Matogueira

Descoñecido

25

16

877

Fontiveira

Matogueira

Descoñecido

26

16

1982

Fontes

Matogueira

Descoñecido

29

16

893

Fontes

Matogueira

Descoñecido

30

16

891

Santo Estevo

Matogueira

Descoñecido