DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26465

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria para a contratación laboral fixa dun posto de ordenanza con destino á Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 64, do 7 de abril de 2026, publicáronse as bases da convocatoria para a contratación laboral fixa dun posto de ordenanza, con destino á Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, incluído na oferta de emprego público do ano 2025, polo sistema de concurso oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 8 de abril de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral