O Consello de Administración de SPI Galicia, de conformidade co establecido no Decreto 109/2025, do 1 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, co obxecto da posta en marcha e do funcionamento de novos servizos públicos, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade, acordou na súa reunión do 26 de marzo de 2026:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura dunha praza de arquitecto/a, unha praza de arquitecto/a técnico/a e unha praza de enxeñeiro/a industrial.
Segundo. Aprobar as bases polas cales se rexerá o proceso de selección, que se encontran publicadas na páxina web: https://www.spigalicia.es/
O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026
María Deza Martínez
Presidenta da Sociedade Pública de Investimento de Galicia, S.A.
