DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26677

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia de Medicina de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de cinco cadeiras de académico/a numerario/a.

Convócanse, para a súa provisión, as cadeiras de académico/a numerario/a de Cirurxía Oral e Maxilofacial; Cirurxía Torácica; Anxioloxía e Cirurxía Vascular; Uroloxía e Cirurxía Pediátrica.

Para poder aspirar a tales cadeiras, é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, así como estar en posesión do título de doutor en Medicina. Por outra banda, posuirán un relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigación, publicacións ou traballos científicos orixinais.

Ninguén poderá presentar persoalmente a súa candidatura para o posto de académico/a.

As propostas serán formuladas por tres académicos/as de número, dos cales, polo menos un, deberá pertencer á sección en que estea incluída a dita vacante.

Non se tramitará ningunha proposta que leve máis de tres sinaturas, nin as que leven sinaturas que consten xa noutra candidatura concorrente á mesma praza.

As propostas deberán ir acompañadas dun currículo do candidato e presentaranse na Secretaría da Real Academia de Medicina (rúa Durán Loriga, 10-2º, 15003 A Coruña), no prazo de quince (15) días naturais a partir da publicación deste anuncio.

A Coruña, 9 de abril de 2026

Alberto Juffé Stein
Académico numerario-secretario xeral
da Real Academia de Medicina de Galicia