DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes de reclamacións (IN635A 2025/447-1 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

Concello

32769180E

IN635A 2025/447-1

Resolución

Laxe

51294031Y

IN635A 2025/463-1

Resolución

A Coruña

33133111R

IN635A 2025/705-1

Alegacións

Boimorto

Y4375386H

IN635A 2025/748-1

Alegacións

A Coruña

78780869G

IN635A 2026/076-1

Alegacións

Cambre