DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26667

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso de provisión por mobilidade de dous postos na categoría de Policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 58, do 26 de marzo de 2026, publicáronse as bases e a convocatoria do proceso de provisión por mobilidade de dous postos na categoría de policía no corpo da Policía local integradas no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía local do Concello de Nigrán, pola queda de mobilidade horizontal correspondente á oferta de emprego publico 2025.

As bases da convocatoria estarán expostas na sede electrónica do Concello de Nigrán: (http://sede.nigran.org/).

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Nigrán, 30 de marzo de 2026

Juan Antonio González Pérez
Alcalde