DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 6 de maio de 2026 Páx. 26855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1 do Contencioso-Administrativo, procedemento ordinario 125/2026.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1 do Contencioso-Administrativo, tramítase o recurso 125/2026 (procedemento ordinario), interposto por Héctor Borja Andrés contra:

– A desestimación presunta da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, do 18 de agosto de 2025, pola que se publica a listaxe de adxudicación de destinos (segunda volta) das prazas do proceso selectivo de concurso de méritos convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023, para a categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental.

– A Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, do 26 de setembro de 2025, pola que se nomean como persoal estatutario fixo e se adxudica destino definitivo ás personas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023 (DOG núm. 132, do 12 de xullo).

O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos