De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra proxecto de trazado do itinerario e pasarela peonil en Meangos e sobre o Rego do Fontao no Camiño Inglés en Abegondo, de clave GA/24/060.09.1.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, 2 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A Coruña, 17 de abril de 2026
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave de obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
GA/24/060.09.1 |
5 |
15001A504001780000HW |
Romualdo Regueiro Mosquera |
|
GA/24/060.09.1 |
30 |
15001A016001230000JU |
José Vales Cacheiro |
|
GA/24/060.09.1 |
38 A |
2 ud. contedor chapa situados en parcela 15001A504004740000HQ |
Descoñecido/a |
