Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SEQ805 entre os apoios núm. 81-40-b-1 e núm. 81-40-b-30.
Lugo, 17 de abril de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/374 ATE.
Denominación: Regulamentación da LMTA SEQ805 entre os apoios núm. 81-40-b-1 e núm. 81-40-b-30.
Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Quiroga.
|
Núm. predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
|
3/1 |
67 |
19 |
Cavorcas |
Monte alto |
Descoñecido |
|
3/2 |
67 |
18 |
Travesa |
Monte alto |
Descoñecido |
