En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A15.17339 e seis máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A15.17339 |
Siresa Noroeste, S.A. e Promoces, S.A. |
1.955 m3 |
Tres pozos |
Rega |
L: A Zapateira P: Orro (San Salvador) C: Culleredo |
|
DH.A36.3228 |
Sociedad de Infrastructuras y Equipamientos Penitenciarios, S.A. (SIEP, S.A.) |
273.750 m3 |
Río |
Doméstico |
C: A Lama |
|
DH.A36.7137 |
Comunidade de Usuarios Cabeza de Boi |
5.050 m3 |
Cinco mananciais |
Doméstico |
L: Monte da Casa P: A Armenteira (Santa María) C: Meis |
|
DH.A15.13359 |
Concello de Val do Dubra |
27.436 m3 |
Manancial |
Doméstico |
L: A Xesteira C: Val do Dubra |
|
DH.A36.5391 |
Luis Méndez Barrio |
5.046 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Monte Merlín P: Artoño (Santalla) C: Agolada |
|
DH.A36.2946 |
Félix Barros Taboada |
1.260 m3 |
Río |
Rega |
L: Cameiras P: Baíña (Santa Mariña) C: Baiona |
|
DH.A36.4786 |
José Abal Martínez |
631 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Cabanelas P: Ribadumia (Santa Baia) C: Ribadumia |
