A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo cal solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 734/25, en relación cos postos ofertados polas resolucións seguintes:
– Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocados pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), publicada no DOG núm. 189, do 1 de outubro;
– Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química, bioloxía, ciencias do mar e física, convocados polas ordes do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio) e do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro), e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), publicada no DOG núm. 189, do 1 de outubro;
– Resolución do 30 de setembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocados polas ordes do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) e polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), publicada no DOG núm. 189, do 1 de outubro.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala.
O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
