DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de campamento de turismo no lugar das Bizocas, na parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove (clave do expediente 2025/0112).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de abril de 2026 do proxecto de campamento de turismo no lugar das Bizocas, na parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove (Pontevedra), promovido por Santiago Gómez Besada.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade