DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2021/236-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT e RBT lugar Seiruga, s/n, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2021/236-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase á disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinale.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 21 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/236-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CT e RBT lugar Seiruga, s/n.

Concello: Malpica de Bergantiños.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

1

Os Pinchos

15044A019013450000EW

Descoñecida