A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 18.3.2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle de ordenación de volumes no CIFP Paseo das Pontes, para a súa ampliación. Setembro 2025, promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e redactado por Terceroderecha arquitectos, S.L.P.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desarrollo del PGOM 2013. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 15 de abril de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño;
BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da
Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
