DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xermade

ANUNCIO de nomeamento de dous funcionarios de carreira polo sistema de concurso-oposición, quenda libre, para cubrir dúas prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2023.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2025-0596, do 25 de novembro de 2025, acordouse nomear como funcionarios de carreira nas prazas de operario de servizos múltiples (grupo C, subgrupo C2, nivel 14, escala de Administración xeral, subescala de servizos especiais), incluídas na oferta de emprego público do ano 2023 do Concello de Xermade, na quenda libre, a Abel Pérez Corral, con DNI 76***02**, e a Juan José González Vázquez, con DNI 32***15**.

Xermade, 13 de abril de 2026

Roberto García Pernas
Alcalde