En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Agrícola Junquera Colmeiro, S.C.
DNI: ***2215**.
Expediente: DH.A36.108150.
Volume total anual: 4.533,30 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: A) 0,10 l/s.
B) 0,13 l/s.
C) 0,12 l/s.
D) 0,15 l/s.
E) 0,10 l/s.
F) 0,10 l/s.
Destino: gandeiro.
Orixe: A) x= 565565, y= 4743592 (fuso 29 ETRS89).
B) x= 565598, y= 4743589
C) x= 565657, y= 473634
D) x= 565670, y= 4743623
E) x= 565693, y= 4743733
F) x= 565504, y= 4743588
Lugar: Nogueiras.
Parroquia: San Tomé de Insua (San Tomé).
Concello: Vila de Cruces.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes de cinco mananciais e un pozo de barrena para o abastecemento dunha explotación gandeira. Os mananciais encóntranse na parcela 36059A210100170000KD, desde onde se leva a auga ata o depósito situado na parcela 36059A210100070000KL, parcela en que tamén se encontran o pozo de barrena e a explotación gandeira que se abastecerá.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
